O vindeiro 3 de outubro o Rúa Valdeorras FSF comezará a liga na Primeira Futgal Sénior Feminino (Grupo 3). Faráo a domicilio ante o Verín logo de manter o equipo do ano pasado (a excepción dunha baixa), incluído o adestrador, e o obxectivo de “quedar o máis arriba posible na liga e ir pola Copa Deputación como este ano”.

Para iso comezaban a pretempada xa o 17 de agosto e un mes despois, na tarde deste sábado 26 de setembro, pouco antes de comezar a campaña, disputaban un amigable contra o Bembibre Sala no pavillón municipal Victorino Núñez que se saldaba co 1-2 para as bercianas.

Fotos: Mónica G. Bellver.