ConcellosTrivesÚltima hora

Comeza a conta atrás para as XXVI Xornadas Micolóxicas, na Pobra de Trives

Desenvolveranse do 6 ao 8 de novembro e inclúen o XI Concurso de tapa micolóxica no que participan once establecementos

Exposición de cogomelos na anterior edición das xornadas./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

O Club Montaña Trives pon en marcha unha nova edición da actividade outonal por excelencia, as XXVI Xornadas Micolóxicas co concurso de tapa micolóxica (XI edición) incluído, que se desenvolverán na fin de semana do 6 ao 8 de novembro.

O día 6 ás 20 horas dará comezo o concurso de tapas, onde cada un dos 11 establecementos participantes poñerán á venda por 2,20€ unha tapa para a súa degustación. “Nos establecementos disponse de papeletas e urnas para que o xurado popular elixa a mellor presentación e a máis suculenta, as papeletas que dispoñan de 9 selos dos locais entrasen nun sorteo o domingo día 8 (cesta gourmet, kit completo de micoloxía, ceas para 2 persoas nos establecementos participantes, etc..)”, explican dende o club.

 

 

O día 7, coma sempre, terá lugar ás 9:30 horas unha charla no IES Germán Ancochea Quevedo a cargo da asociación micolóxica Os Cogordos para posteriormente saír ao campo en busca de exemplares. De regreso  montarase unha exposición no interior do patio da Casa Grande Trives ata o domingo ás 18 horas. Durante todo o día segue o concurso de tapas.

Ademáis, o sábado ao mediodía celébrase a tradicional comida micolóxica gourmet no Hostal La Viúda de Trives que consta de 4 pratos con diferentes variedades de cogomelos Premium e un custo de 40 € por comensal. As entradas estarán á venda no Sky e na Cantina do Catro. “Tamén se pode realizar a reserva no correo electrónico: club.montana.trives@gmail.com“, din dende o club.

O día 8 ás 15 horas rematará o XI concurso de tapas, realizándose o reconto das papeletas para ás 18 horas no patio interior da Casa Grande realizar a entrega de premios aos 3 locais máis votados en cada categoría e, ao finalizar, realizar o sorteo de premios ao xurado popular.

Back to top button