OurenseÚltima hora

Dúas persoas feridas nunha colisión frontal entre un coche e un camión bañeira, en Boborás

 

Arredor das 17:30 horas deste domingo 22 de novembro producíase unha colisión frontal entre un coche e un camión bañeira na que resultaban feridas dúas persoas que tiñan que ser excarceradas, en Boborás.

Tal como indican dende o 112 Galicia era un particular que chamaba informando “dun choque frontal entre un camión bañeira que circulaba baleiro e un turismo, no quilómetro 37 da N-541, en Brués”. Ademais “outro turismo acabou implicado no accidente logo desta primeira colisión”, puntualizan.

Dende o 112 aseguran que “o condutor do camión resultou ileso”. Por outro lado, os Bombeiros do Carballiño confirmaban que “houbo que excarcerar a dúas persoas, que a continuación foron atendidas e trasladadas en ambulancia a un centro hospitalario”.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Carballiño, GES de Ribadavia e servizos de mantemento da estrada.

Back to top button