DeportesÚltima hora

Presenza valdeorresa na sesión técnica do sector de saltos verticais da Federación Galega de Atletismo

Foto: FGA.

 

Sesión técnica de saltos verticais da Federación Galega de Atletismo o 21 de novembro. Tiña lugar pola tarde no módulo cuberto de Lugo, coa presenza do responsable técnico Santi Ferrer. Á sesión estaban convidados unha vintena de atletas galegos de diferentes categorías, entre os que estaban os valdeorreses Eiden Ferrer (pértega, Sub14) e Andrés Álvarez (altura, Sub16).

Na foto aparecen o responsable do sector, xunto ao delegado de Lugo Pablo Gandoy e os adestradores Eva Fernández e Oscar Rodríguez, acompañando aos atletas participantes.

Back to top button