OurenseÚltima hora

Santos subliña na sede de COGAMI a importancia da inclusión no acceso aos servizos públicos co programa “A Administración cerca de ti”

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, subliñou hoxe a importancia do acceso aos servizos públicos por parte de toda a cidadanía sen excepcións. Fíxoo durante a realización dunha nova xornada do programa “A Administración cerca de ti”, onde estivo acompañado polo presidente provincial de COGAMI en Ourense, Miguel Quintas.

Durante a presentación, Eladio Santos destacou a relevancia de reforzar a presencia da administración tamén nas asociacións e Organizacións non Gobernamentais, que realizan un labor imprescindible para a inclusión de todos e todas e impulsan unha sociedade máis igualitaria, tamén en oportunidades, “Achegar recursos e trámites a todos e todas e un obxectivo irrenunciable para o Goberno de España para afrontar a cohesión social e a igualdade en dereitos e oportunidades”, asegurou.

Na xornada, persoal da Subdelegación do Goberno en Ourense desprazouse ata a sede provincial de COGAMI, para informar de maneira individualizada á sobre o uso da administración electrónica para a realización de diferentes trámites telemáticos, como a obtención e utilización do certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). Os participantes na sesión tamén recibiu información sobre os principais servizos públicos dispoñibles nas sedes electrónicas da Administración Xeral do Estado, desde información catastral ata trámites da Dirección Xeral de Tráfico ou da Axencia Tributaria.

O subdelegado explicou que “a Administración Xeral do Estado ofrece actualmente a posibilidade de realizar de forma dixital máis do 90% das xestións e das comunicacións cos seus departamentos, desde trámites básicos como prestacións, pago de impostos, documentación persoal e acreditacións ou solicitudes de subvencións”. “Este método facilita a xestión de trámites desde calquera parte do territorio, sen necesidade de desprazarse a unha cidade ou a oficinas da Administración Xeral do Estado”, engadiu.

Seguintes datas

“A Administración preto de ti” é unha iniciativa xestionada polas Delegacións e Subdelegacións do Goberno, que naceu en novembro do 2022 co obxectivo de achegar aos en municipios que carecen de sedes físicas da Administración Xeral do Estado os seus servizos. As seguintes xornadas na provincia de Ourense serán en Vilar de Barrio o 13 de outubro, Avión o 20 de outubro e Cea o 27 de outubro.

No que vai de ano, o persoal da Subdelegación impartiu 14 sesións en concellos de menos de 8.000 habitantes, nas que se expediron aproximadamente 300 certificados dixitais. Ademais, realizáronse sesións con colectivos específicos (estranxeiros, persoas con discapacidade e estudantes), nas que se emitiron preto de 250 certificados.

Back to top button