Dentro do programa de divulgación do espazo museístico “A Casa de Chocolate”, o Concello de Parada de Sil levaba o 7 de outubro unha actividade ao salón de actos do Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar. Tratábase dunha teatralización do chocolate á que asistían uns 60 internos e internas.
Dunha maneira cómica, o equipo de turismo do Concello con Manuel e Fernando á fronte, e a familia Casares e amigas fixeron unha recreación teatral sobre o chocolate, dende a extracción do cacao ata súa conversión nunha tableta, pasando pola comercialización.
Proxectouse tamén unha curtametraxe que explica o funcionamento da fábrica de chocolate de Teimende que tivo como protagonistas a Ricardo e Lola, os chocolateiros. A actividade tivo unha excelente acollida entre os asistentes, tal e como recoñecía publicamente a subdirectora de Tratamento que presenciou o acto.
A guinda púxolla o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que é funcionario do centro, entregando unas chocolatinas aos presentes.
Fotos cedidas.