EconomíaEconomíaÚltima hora

V Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia-Ribeira Sacra, o 19 e 20 de outubro no Mosteiro de San Pedro de Rocas

O Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, acollerá os días 19 e 20 de outubroo  V Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia-Ribeira Sacra, unha competición que reunirá a 45 cociñeiros da Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense para disputar o título á mellor tapa de Galicia.

O campionato desenvolverase en formato showcooking, con elaboracións en directo e quince minutos para crear unha tapa que poida degustarse nun máximo de tres bocados.

O xurado, presidido por María José Meda, chef do restaurante O Batán (Teruel), distinguido cunha estrela Michelin e un sol Repsol, será o encargado de valorar as propostas e elixir os gañadores.

 

 

Programa

Luns 19 de outubro:
11:15 Inauguración do campionato
12:30-13:30h. Competición en formato showcooking
16– 19h. Continuación do campionato

Domingo 20 de outubro:
10-13h. Competición, con una pausa para o café
17:30h. Entrega de premios

Back to top button