CulturaCulturaÚltima hora

O QuiMedo celebra a súa edición “máis extrema” con 1.500 inscritos, en Quiroga

Había oito casas do terror con actores en directo que daban vida a un percorrido único

 

O QuiMedo 7 adiantaba que a edición deste ano ía a ser a máis extrema de todas e así sucedía. Un ano máis medo, terror e moita diversión, foron a tónica dunha noite de temperaturas agradables que axudaba os 1.500 valentes inscritos dispostos a percorrer as localizacións desta nova edición, celebrada na vila de Quiroga.

Oito casas do terror con actores en directo que fixeron un percorrido único nesta nova edición do QuiMedo: “O Museo das Civilizacións Malditas”, a “Biohazard: Zona Cero”, “Survival: Os sete cazadores”, a “Mina”, “A Palleira”, “A Inquisición” e destacando o “Mac Guarro”, a casa máis extrema desta edición na que os participantes puideron decidir ata onde podían chegar os figurantes a hora de meter medo; e unha localización inédita entre cruces, lápidas e sombras, o “O cemiterio do QuiMedo”.

 

 

O pavillón municipal, centro neurálxico do QuiMedo abría a partir das sete da tarde para que o líder de cada grupo recollera as pulseiras de entrada nas casas e tamén para o inicio da festa infantil, aberta a todos os nenos e nenas sen necesidade de inscrición.

As nove da noite, os concelleiros, Antonio Marcos e Xosé Manuel Fernández, foron os encargados de dar a benvida aos participantes, aproveitando para darlle as grazas aos organizadores do QuiMedo e os voluntarios que fan posible que esta festa sexa xa un referente en toda Galicia e que seguro que tamén de España.
A continuación fíxose un recordatorio das normas que debían cumprir os inscritos e tras unha xigantesca visita ao pavillón, os valentes emprendían camiño cara os distintos inmobles, situados dentro do casco urbano de Quiroga e Pacios de Mondelo.

 

 

Pasadas as tres horas, tempo no que se debía realizar o percorrido, nova xuntanza no pavillón municipal onde daba comezo un divertido desfile cos actores, actrices e voluntarios desta edición como protagonistas, e deseguido daba comezo a “QuiMedo Fest” a cargo do DJ Pablo da Disco Móvil Dolce Vita. O fin de festa prolongouse ata altas horas da madrugada propiciado polo cambio de hora.

Desde a organización do QuiMedo queren facer agradecementos o Concello de Quiroga, para que esta festa se poida levar a cabo, pero moi especialmente aos voluntarios, participantes e os propietarios das vivendas que as deixan para realizar este evento.

Fotos: RTM Quiroga.

 

 

 

Back to top button