CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Trivés participa no concerto do XVI Aniversario da Coral O Coto, en Vigo

 

Ata o concello potevedrés de Vigo se desprazaba na xornada do domingo 25 de outubro o Orfeón Trivés para para participar no concerto do XVI Aniversario da Coral O Coto. “Ata nos convidaron a xantar”, explica a directora, Sandra González.

No concerto, celebrado no C.C.R. de Cabral (Becerreira) e integramente en galego, participaban tres corais: a anfitrioa, a Coral Polifónica O Coto, a Coral Polifónica de Teis e o Orfeón Trivés, que interpretaba Vira Virou; Popurri Galego; Ruada de Chamosa; Meu amor é mariñeiro, e A Pomba Dourada (arranxos, Sandra González) interpretada por Ainhoa Álvarez á gaita e Sandra González ao piano, coa que poñían o broche.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button