A Ruta do Viño de Valdeorras continúa apostando por novas formas de descubrir a comarca a través de experiencias que combinan viño, patrimonio, natureza e cultura. A programación inclúe propostas para diferentes públicos que invitan a coñecer o territorio desde perspectivas orixinais, participativas e vinculadas á súa identidade.
O Escape Room de Adegas Roandi, o Circuíto Cultural de Orientación na Rúa Vella e «Tarecos e Castañas do Alén», no Castelo do Bolo, son tres iniciativas que comparten unha mesma filosofía: converter o patrimonio e a cultura vitivinícola en experiencias para desfrutar, aprender e descubrir Valdeorras dun xeito diferente.
As tres actividades contan co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco da aposta por diversificar e enriquecer a oferta turística da comarca.
As reservas para as actividades poden realizarse a través da página web da Ruta do Viño de Valdeorras, nas apartado «Experiencias»: https://rutadelvinovaldeorras.com/nuestras-experiencias/
