
O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense organizaba o domingo día 25 de outubro a 10ª Andaina “Pablo Alejandro Rodríguez” que ten como obxectivo o reunir os colexiados e acompañantes da súa provincia nunha xornada lúdica, ao tempo lembrar aos que nos deixaron recentemente.
Este ano desenvolverase pola “Ruta dos Lagares Rupestres de Oímbra”, no termo municipal de Oímbra.

Finalizada a andaina, trasladáronse á adega “Father 1943”, en Vilamaior do Val (Verín) , onde os participantes desfrutaron dunha comida grupal. Á cita acudiron arquitectos técnicos e acompañantes.
Fotos cedidas.

