
Na mañá deste mércores 28 de outubro producíase un atropelo no Barco de Valdeorras. Tal como indican dende o 112 Galicia, pouco antes das 12h. recibían o aviso “dunha persoa que fora alcanzada por un vehículo nun paso de peóns situado na rúa Río Miño”. Indicaban que “a persoa estaba ferida pero non atrapada, estaba libre e accesible”.
Ata o lugar desprazábase sanitarios de Urxencias Médicas que atendían á persoa ferida. “Tamén se avisou ao GES Valdeorras e á Policía Local do Barco”.