OurenseÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea difunde o Banco de Terras

 

Diante do manifesto abandono de terras agrarias e forestais en todos os concellos que forman o Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea (GDR), nunha reunión da directiva do mesmo adoptouse a decisión de participar nun proxecto de promoción con outros GDRs de Galicia chamado “Moveterra” e que lidera o grupo Asdecomor da provincia da Coruña , que estivo representado no acto polo seu xerente Domingo Lojo

Así o 27 de outubro, e coa presenza de moitos gandeiros de distintos concellos do territorio e viticultoras de Parada de Sil, celebrouse unha xornada de traballo no concello de Parada de Sil de dez da maña a 13. O obxectivo da mesma era coñecer este instrumento que permite mobilizar terras, dinamizar o territorio e xerar emprego. No acto o presidente do GDR, Paco Magide, agradeceu ao concello e ao seu alcalde, Aquilino Domínguez, a posibilidade de celebrar ei este acto.

 

 

O poñente foi Carlos Díaz Xefe de Area de AGADER do Banco de terras quen explicou con todo tipo de detalle os instrumentos de mobilización de terras, a aldea modelo, a agrupación forestal de xestión conxunta , xa existe unha de xestión de soutos en Parada de Sil, e os polígonos agrogandeiros, pondo exemplos gráficos de cada unha das modalidades.

En canto ao Banco de Terras, o poñente fixo unha explicación pormenorizada visualizalo nas pantallas do procedemento para colocar propiedade agraria e forestais no Banco de terras que se poden por a venda ou en aluguer analizando o sistema de cálculos de prezos ven sexa a cobrar ben a pagar.

Os asistentes quedaron satisfeitos xa que o poñente deu resposta a todalas preguntas sen límite de tempo.
A clausura do mesmo tivo lugar unha degustación de produtos no mesmo Concello.

 

Back to top button