DeportesÚltima horaVídeos

Abertas as inscricións para a Bicicletada Popular do Concello do Barco que se celebrará o 7 de novembro

 

Na mañá deste mércores 28 de outubro presentábase a primeira edición da Bicicletada Popular que organiza o Concello do Barco de Valdeorras través da concellería de Deportes, para o sábado día 7 de novembro. Téñense feito outras bicicletadas con motivo do día da bici pero é unha data próxima ás festas do Cristo polo que a nós non nos encaixa. Por iso iniciamos esta actividade co desexo de que sexa unha cita anual con gran participación, coa que se fomente tamén o uso da bici para desprazarse polo Barco a diario”.

Así o indicaba o alcalde, Aurentino Alonso, acompañado pola técnica de Deportes Kissy Torres, quenes explicaban que debido á proximidade coa festividade do Samaín, os premios serán para aqueles participantes que vistan os mellores disfraces monstruosos. Haberá ademais, agasallos para os primeiros 200 inscritos, avituallamento ao rematar o percorrido e un sorteo para grandes e pequenos.

 

 

 

Con saída (ás 12 horas) e chegada na praza do Concello, os participantes percorrerán unha ruta sinxela de 8 quilómetros de distancia, polo núcleo do municipio.

As inscricións estarán abertas ata o vindeiro venres día 6 de novembro, ás 12 horas.

 

Back to top button