ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Minuto de silencio no Barco en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

 

Na tarde deste 28 de outubro o Concello do Barco uníase á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e convidaba a toda a veciñanza a participar nun minuto de silencio, ás 20horas, na praza do Concello,. Con este acto os asistentes amosaban o seu apoio e respecto ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo, e en solidariedade cos afectados.

O minuto de silencio remataba cun aplauso e despois interviña o alcalde barquense, Aurentino Alonso, que estaba acompañado por voceiros dos grupos políticos municipais e tamén polo subdelegado do Goberno en Ourense. “Dende O Barco expresamos as nosas condolencias e o noso máis sentido pésame ás familias das persoas falecidas, tamén expresamos a nosa solidariedade cos feridos e afectados e esperamos que se recuperen o antes posible”.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Back to top button