O túnel do terror era o broche do Samaín que o CCA O Baco organizaba para a xornada deste sábado 31 de outubro cunha alta participación nun programa completo de propostas. Pola tarde mantíñanse os obradoiros e o photocall nas carpas instaladas na praza do Concello do Barco onde tamén había música ambiente e postos con hot dogs e pipocas.


Ademais, ás 19 horas abría as portas no pavillón vello o esperado únel do terror tanto para nenos como para adultos. Numerosas persoas facían cola para participar nesta “terrorífica” proposta.
Para poder acceder será necesario entregar un tícket de compra dalgún establecemento asociado por importe mínimo de 5 euros polo que terán acceso un adulto e un neno (menor de 12 anos). “Sen tícket de compra a entrada en despacho de billetes sería de 5 euros por persoa”, puntualizan dende o CCA, indicando que co diñeiro recadado en despacho de billetes sortearase un vale ou vales de compra (dependendo da cantidade recadada) na campaña de Nadal.

Fotos e vídeos: O SIL.