OurenseÚltima hora

Trasladan unha persoa por inhalación de fume tras un incendio nunha cociña en Ourense

 

Na madrugada deste luns 2 de novembro unha persoa tiña que ser trasladada por inhalación de fume tras un incendio nunha cociña na cidade de Ourense, tal como informan dende o 112 Galicia que recibía aviso do lume rexistrado nunha vivenda da avenida de Zamora contra as 4:20 horas, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 “que tamén foran informados polos propios afectados, que explicaron que ardeu a campá extractora e quedaran afectados os mobles da cociña debido a unha tixola. Naquel momento non había xa lapas, pero si moito fume”.

Os bombeiros municipais desprazáronse ao lugar e ventilaron a vivenda, mentres que unha persoa era evacuada ao hospital. No operativo tamén participaron os axentes da Policía Nacional e Local.

Back to top button