En portadaÚltima hora

Animado xantar da XXXI Festa da Castaña e do Cogomelo, no Riós

 

Unha edición máis, O Riós rendía tributo a dous dos referentes do seu outono a castaña e os cogomelos cunha celebración que atraía o 1 de novembro a multitude de persoas a este municipio. O programa comezaba coa apertura dos numerosos postos dunha feira de artesanía e gastronomía  ás 10:30h. e tamén coa inauguración dunha mostra de produtos elaborados con castaña de Anabel Dacosta Vázquez.

 

 

A partir do mediodía, a alcaldesa do Riós, Eva Barrio, recibía as autoridades, entre as que estaban o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, así como o director da Agacal, Martín Alemparte, ademais de deputados autonómicos e provincias, así como representantes de diferentes concellos. Con eles visitaba a feira e ás exposicións. Despois tiña lugar o acto de entrega da Castaña de Ouro que, nesta edición, lle correspondía ao Grupo Cuevas e á chef verinesa Begoña Vázquez.

 

 

Outro dos referentes da xornada era o xantar popular, que tiña lugar no pavillón do CEIP das Vendas Barreira, coa asistencia de numerosas persoas. O ambiente durante a xornada estaba animado pola charanga Támega.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button