
O Concello do Barco informa que se iniciaron os trámites para proclamar Alcalde Honorario a Abdón Blanco García, quen fora alcalde do Barco en 1936. Para elo, o vindeiro xoves día 5 de novembro, levará ao pleno ordinario, unha proposición presentada pola alcaldía sobre este nomeamento excepcional.
“O que fora elixido alcalde do Barco no mes de abril de 1936 (trala dimisión de Euloxio Gavela Vega e a asunción da alcaldía provisional de Manuel Blanco Pascual), resultou detido o 21 de xullo do mesmo ano na Casa do Concello – de onde se negara a fuxir – e conducido a Ourense, onde foi xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo, e posteriormente executado”, segundo sinala en nota de prensa o Concello do Barco
O vindeiro día 10 de novembro, data na que terá lugar o 90 aniversario do seu falecemento, o Concello levará a cabo un acto de conmemoración ao carón da súa sepultura no cemiterio municipal.