ConcellosO BarcoÚltima hora

Numerosas estelas brancas de avións enchen o ceo de Valdeorras neste luns

 

A gran cantidade de estelas de avións que surcan este luns o espazo aéreo de Valdeorras chamaba a atención dalgúns veciños do Barco. Numerosas cruces brancas no ceo evidenciaban de xeito especial o tráfico de multitude de avións, tal e como pode comprobarse nestas imaxes tomadas dende O Barco.

Contan veciños que acostuman observar o ceo e mesmo seguir as rutas aéreas, que a gran cantidade das vistas esta mañá é algo pouco habitual.

 

 

Estes trazos brancos que deixan as aeronaves denomínanse estelas de condensación e están formadas por vapor ou cristais de xeo.

 

Fotos: O SIL.

 

 

Back to top button