AletismoDeportesÚltima hora

A carreira do San Martiño bate o seu récord histórico con 11.057 inscritos para o domingo 8 de novembro en Ourense

Saída da anterior edición da San Martiño./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Carreira Popular do San Martiño bate este ano o seu récord histórico, con 11.057 deportistas inscritos para percorrer as rúas da cidade o vindeiro domingo, 8 de novembro, tal como informan dende o Concello de Ourense.

O goberno municipal valora de forma moi positiva os datos, que enmarca no crecemento que está a experimentar a carreira ourensá. “Os 11.057 inscritos supoñen o récord histórico desde que a proba se fixo de pago no ano 2012. O running tivo unha eclosión a principios dos 2000, sufriu despois unha caída e agora levamos tempo crecendo; e a nosa carreira tamén, sendo a máis multitudinaria de Galicia con diferenza”.

A San Martiño 2026 contará con 4.063 corredores e corredoras na categoría absoluta; 2.926 na Sub18, Sub16 e Sub14; 2.073 na Sub12 e Sub10, e 1.995 na modalidade inclusiva.

A cita, que se consolida como “a máis populosa de Galicia”, estrea este ano percorrido, incrementa os seus premios económicos e reforza a implicación dos centros educativos da cidade.

Back to top button