DeportesÚltima hora

Boas sensacións do Dompavolei-Barco no partido contra o CV Megatoxos, pese á derrota

 

Na casa desputaba o Dompavolei-Barco a súa terceira xornada na liga da segunda División Galega sénior masculina de voleibol. Así xogaba na tarde do 1 de novembro co CV Megatoxos nun partido emocionante e cunha destacada remontada pero que, finalmente, non lles deu a vitoria.

O conxunto barquense non logrou sumar polo de agora ningunha vitoria, pero si fai un balance positivo na evolución en canto ao xogo no que está sendo a súa estrea nesta categoría. “Tras un mal comezo de partido rozamos a remontada no 3 set, pero finalmente caímos 0-3 en casa. Pero tivemos moi boas sensacións no segundo e terceiro set, a pesar do resultado”, comenta o adestrador do Dompavolei-Barco, Brasi.

Nesta liga o club está facendo unha toma de contacto coa categoría co obxectivo de rodar e ir mellorando nunha competición que lle permite ao Barco retomar o voleibol masculino sénior.

Fotos cedidas.

 

Back to top button