
Galicia prepárase para desfrutar dunha nova proposta cultural. “Circo no Camiño” percorrerá Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela entre o 12 de novembro e o 6 de decembro cunha programación que combinará circo, maxia, acrobacias, música, clown e humor.
O seu pnto de partida será polo tanto Verín nos días 14 e 15 de novembro. A iniciativa reúne a Troula, ao vianés Mago Teto, Culturactiva e Educateatro co obxectivo de achegar as artes escénicas a públicos de todas as idades e poñer en valor o talento galego.
Así, este proxecto único en Galicia transformará catro vilas “nun gran escenario de cultura, fantasía e diversión. Baixo unha gran carpa de circo, as artes escénicas, a música, a maxia e a animación de rúa únense nunha experiencia sorprendente, pensada para achegar espectáculos de calidade a localidades vencelladas ao Camiño de Santiago”, tal e como indican os seus promotores.
Esta proposta conta co patrinicio da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2027 Galicia Calidade Camino Xacobeo.