OurenseÚltima hora

A Xunta corta ao tráfico na OU-406 no paso inferior baixo o ferrocarril en Ribadavia

 

A Xunta vén de informar de que cortou ao tráfico da OU-406 no paso inferior á vía do ferrocarril en Ribadavia, “despois de que un camión con guindastre quedase encallado por exceso de gálibo nesta estrutura de titularidade do ADIF, e que se comprobasen por parte do Administrador ferroviario danos nunha das vigas de formigón da pont”e.

Ata o lugar desprazouse persoal da Axencia Galega de Infraestruturas e da empresa encargada da conservación da estrada. Deste xeito, en coordinación coa Policía Local de Ribadavia, procedeuse por seguridade ao corte da circulación entre os pk 0+380 e 0+480.

“Persoal da empresa conservadora desprazouse para sinalizar convenientemente ó corte e a Xunta está a actuar en coordinación co ADIF e o Concello de Ribadavia. Existen, en ambos sentidos de circulación, zonas habilitadas para que os vehículos dean a volta por mor do corte de estrada. Aqueles vehículos que saian na saída 252 da autovía A- 52 en dirección a  Ribadavia centro, deberán desviarse pola N-120 na Quinza”, segundo a Xunta.

O corte manterase ata a avaliación definitiva dos danos por parte de ADIF e a súa reparación.

 

Back to top button