DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

Catro xogadores do Pizarras Tres Cuñados FS, convocados pola selección ourensá infantil de fútbol sala

Infantís do Tres Cuñados FS.

 

Un ano máis a selección ourensá de fútbol sala conta con xogadores da base do Pizarras Tres Cuñados FS. Nesta ocasión foron catro infantís (Enzo Machado, Sergio Macías, Matías Núñez e Diego López) os convocados polo adestrador, Javier López González, para que este venres día 6 de novembro se poñan á súa disposición no pavillón de Oira ás 20:30 horas, para un adestramento preparatorio para o Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

Tal como explican dende o club barquense, Mati xa ten experiencia. De feito “foi campión alevín, unha categoría menos, con moita participación, marcando e sendo campións galegos”, din orgullosos.

O equipo infantil do Tres Cuñados FS é adestrado por Jose Rodríguez, xogador do primeiro equipo, sendo colider na competición ligueira con cinco vitorias noutros tantos partidos.

 

Enzo Machado Vázquez.
Sergio Macías Martínez.
Diego López Puey.
Matías Núñez Tato.

 

Fotos cedidas.

Back to top button