OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a dúas persoas e desarticula un punto de venda de droga na cidade

Ademais das detencións, levouse a cabo un rexistro nunha vivenda do barrio de centro histórico no que se incautaron substancias estupefacientes e diñeiro en metálico

 

A Policía Nacional da Comisaría Provincial de Ourense vén de levar a cabo o desmantelamento dun novo punto de venda de drogas. A investigación é froito dun dispositivo específico para a detección e desarticulación de puntos negros de venda de estupefacientes na cidade, así como da información obtida polos investigadores, que apuntaban ao tráfico de estupefacientes nunha rúa do barrio do centro histórico.

Unha vez o grupo de estupefacientes da Brigada Provincial de Policía Xudicial desta comisaría inicia a investigación, compróbase a existencia dun “punto negro” de venda a pequena escala de substancias estupefacientes como cocaína e heroína observando como as persoas detidas quedaban cos compradores no interior do edificio onde se realizaba a transacción e outras veces guindaban as substancias desde a fiestra da vivenda.

Back to top button