
Gadis pechou a 8ª campaña Alimenta la Amistad con máis de 73.400 quilos de produtos de alimentación e hixiene doadas polos seus clientes. Unha axuda que chegará de forma directa a 85 protectoras de animais de Galicia e Castela e León para que poidan seguir atendendo as necesidades de cans e gatos abandonados.
A cadea de supermercados destaca, un ano máis, a mobilización dos seus clientes con esta causa, que se desenvolveu entre o 1 e o 15 do pasado mes de outubro en 205 puntos de venda. Unha solidariedade que tamén se traduce na entrega de máis de 17.500 euros, entre a recadación obtida nos establecementos e a achega da propia empresa.
Gadis agradece a colaboración dos voluntarios nos puntos de venda, cuxo papel foi clave para un balance tan positivo. Os refuxios e protectoras que recibirán a axuda están situadas en diferentes municipios das provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra; e Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid e Zamora.
Compromiso co benestar animal
O programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis recolle o seu compromiso co benestar animal e o seu apoio á creación dunha rede local de axuda a través de Alimenta la Amistad.
Con estas oito edicións, o programa xa suma preto de 550.000 quilos de produtos destinados a coidar das mascotas.