
Ás 18:44h. da tarde deste 6 de novembro iniciábase un incendio forestal por riba de Bidueira, na parroquia de San Miguel de Bidueira, no concello de Manzaneda. Arestora o incendio continúa activo e para a súa extinción mobilizáronse, segundo informa a Consellería do Medio Rural, 3 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.