Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Aguillón (A Rúa), acolle a 5ª proba da liga galega de orientación en bicicleta, con 53 participantes

 

Na mañá deste sábado 7 de novembro pechábase na Rúa a liga galega de orientación MTB. Un total de 53 orientadores chegados dende diferentes puntos de Galicia, dábanse cita na área recreativa do Aguillón para participar na 5º proba LGMTBO, Campionato Galego, de distancia media sobre un mapa preparado polo Club Our-O, organizador da competición en colaboración coa Federación Galega de Orientación.

Os ciclistas saían de un en un para completar o circuíto, chairo coa parte inicial sobre asfalto e o resto por carreiros preto do encoro de San Martiño. A carreira conta coa colaboración do Concello da Rúa e de Iberdrola, entre outros.

Pola tarde a partir das catro será a quenda para 6ª e última proba da liga sprint 2026, na que se darán cita os mellores orientadores galegos.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Back to top button