AletismoDeportesÚltima hora

O gran favorito, Abdessamad Oukhelfen, gaña a 49ª San Martiño sen lograr bater o récord

Na categoría femininina, a vencedora era a etíope Kiros Muaz

 

Deixou grandes tempos e faltou pouco pero non se batían marcas. Na mañá deste domingo 8 de novembro, onde máis de 11.000 persoas desfrutaron da festa do atletismo en Ourense, a 49ª Carrera Popular Pedestre do San Martiño tivo poucas sorpresas.

Malia ser un circuíto máis rápido, segundo a organización, a chuvia deixaba un asfalto mollado que impedía aos atletas arriscar máis do necesario. Así, na categoría absoluta masculina o triunfo foi para o gran favorito, Abdessamad Oukhelfen, campión de España de 10 quilómetros, que paraba o cronómetro en 29:16 minutos, a cuarta mellor marca rexistrada na categoría, de feito non tivo rival dominando de principio a fin.

 

 

Na primeira metade da carreira liderou o grupo de favoritos xunto a David de la Fuente, gañador da edición do ano pasado e segundo clasificado este ano cun tempo de 29:45; e Esteban Basanta, terceiro clasificado con 29:46. Ao entrar na praza Maior aceleraba para cruzar en solitario a liña de meta.

Na categoría feminina, o triunfo foi para a etíope Kiros Muaz, atleta Sub23 e principal favorita da proba, cruzando a liña de meta cun tempo de 32:34, o segundo mellor rexistro da categoría en todas as edicións da carreira ourensá.

 

 

O segundo posto era para a súa compatriota, Hana Mekonin, atleta Sub20 que cruzaba a meta tan só seis segundos despois. O podio feminino completábao Douae Ouboukir, entrando en liña de meta cun tempo de 33:40. Bastante atrás, no quinto posto, quedaba a gañadora do ano pasado, Esther Navarrete.

O primeiro ourensán, Alejandro Fernández (gañador de seis edicións), era sétimo cun tempo de 00:31:03.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button