En portadaÚltima horaVídeos

Da carreira absoluta á inclusiva, un percorrido en imaxes pola edición máis numerosa da San Martiño

Máis de 11.000 corredores, entre eles moitos valdeorreses e das terras de Trives vestiron de festa a cidade de Ourense

 

Con récord de inscricións e un cartel do máis alto nivel, a Carreira Popular Pedestre do San Martiño enchía na mañá deste domingo 8 de novembro a cidade de Ourense de cor e festa.

 

 

 

O cartel da carreira ourensá reunía a atletas campións de España, Europa ou Etiopía, con grandes marcas persoais en diferentes especialidades, dende o gañador, Abdessamad Oukhelfen (campión de España de 10 km e campión de Europa de cross en 2 ocasións coa selección española); ou o segundo, David de la Fuente: (campión de Galicia e subcampión de España de 5 km e de 5.000 lisos, gañador da San Martiño 2025); pasando por Kiros Muaz (campioa de Etiopía de 10.000 metros lisos, con mellor marca persoal en media maratón de 1 h 09 min 09 s), Hana Mekonin (cunha mellor marca persoal de 4 min 04 s en 1.500 metros lisos) ou Ester Navarrete (atleta mundialista e olímpica e gañadora da San Martiño 2025), á parte de centos de atletas chegados dende diferentes partes de Galicia, moitos de Valdeorras e Terras de Trives.

 

 

Cun circuíto máis rápido, un aumento nos premios en metálico e maior implicación no ámbito escolar, a San Martiño prometía unha mañá espectacular e non defraudaba, axudada pola meteoroloxía, seca e cálida malia a previsión de chuvia.

 

 

Así, ás 11 da mañá saía a carreira absoluta con 4.063 e despois facíano as outras tres. Sub18-Sub16-Sub14 unidas este ano nunha soa carreira con 2.926; Sub12-Sub10 con 2.073; e finalmente a inclusiva con 1.995  inscritos.

 

 

Con esta saída, pasadas as 13:15 horas, pechábase a edición máis numerosa e populosa da San Martiño, poñendo xa o foco na vindeira edición, a número 50, que será aínda máis especial.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver/ OSIL.

 

Back to top button