EconomíaEconomíaÚltima hora

Cupa Stone reúne a máis de 200 profesionais para celebrar o seu tradicional magosto

 

Cupa Stone, referente no sector da pedra natural e pedra sinterizada para encimera de cociña, celebrou en Santiago de Compostela unha nova edición do seu tradicional magosto, que reuniu a unha importante representación de marmolistas, tendas de cociña, interioristas e principais colaboradores, nunha xornada marcada pola tradición galega e o encontro entre profesionais.

A cita congregou, un ano máis, a clientes, colaboradores e profesionais vinculados á compañía, consolidándose como “un espazo de encontro que transcende a actividade empresarial e permite estreitar a relación con quen forma parte da súa contorna profesional”.

 

 

Nun ambiente distendido, próximo e de conversación, os asistentes compartiron unha xornada en la que non faltaron as castañas e outros elementos propios desta celebración tan arraigada en Galicia. Unha ocasión para intercambiar experiencias, conversar sobre o sector e seguir estreitando lazos nun contexto diferente ao habitual, cunha coidada posta en escena aliñada coa identidade de Cupa Stone e as súas marcas.

En palabras de Guillermo Oviedo, director xeneral de Cupa Stone Iberia, “este magosto é moito máis que unha celebración. É unha oportunidade para reencontrarnos cos nosos clientes e colaboradores, compartir experiencias e agradecerlles a confianza que depositan en nós cada día. En Cupa Stone entendemos que o noso crecemento é froito dun camiño compartido, baseado na escoita, o diálogo e a proximidade. Encontros como este nos permiten fortalecer esas relacións, coñecer de primeira man as súas necesidades e seguir traballando xuntos para converter cada material en proxectos con verdadeiro valor”.

 

 

Con este tipo de iniciativas, Cupa Stone “reforza o seu compromiso cos profesionais do sector e co desenvolvemento de relacións baseadas na confianza e a colaboración. Unha aposta por manter a proximidade coa súa contorna e, ao mesmo tempo, preservar e compartir as tradicións que forman parte da identidade galega e da súa propia cultura empresarial”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button