
Por cuarto ano consecutivo, a Federación Galega de Automobilismo abre o prazo de solicitude para acoller unha das charlas de introducción ao automobilismo deportivo “FGA nas aulas” que terán lugar entre os meses de xaneiro e xuño de 2027.
Nesta ocasión, a actividade chegará a dez centros de toda Galicia. Polo de agora son máis de 2.800 nenos e nenas os que pasaron por esta xeira de faladoiros nos que os máis pequenos desfrutaron das anécdotas e experiencias dos deportistas, oficiais e organizadores galegos, ademáis de aprender sobre as diferenzas entre as distintas modalidades, recoñecer as medidas de seguridade nas probas e vehículos de competición e, como non, sobre seguridade vial e alimentación, algo imprescindible no día a día dos máis xóvenes da casa.
Ademáis, tamén terá continuidade o concurso de debuxo posto en marcha nas edicións anteriores. O gañador ou gañadora deste certame será responsable da rotulación do vehículo dun dos equipos becados pola FGA en Rallys na primeira proba da tempada 2028.
Esta actividade celébrase integramente en galego como parte do compromiso da FGA coa promoción da lingua e conta coa colaboración de Gadis, Recalvi e Mobify.
Os requerimentos para participar nesta actividade son:
– Centro escolar en calquera das catro provincias galegas.
– Contar cun espazo exterior no que poder situar algún vehículo de competición e un espazo interior cun proxector.
– Contar con alumnos de cursos entre 4º e 6º de primaria.
– Permiso para a difusión do material audiovisual nas redes da FGA e en distintos medios de comunicación.
– Límite por centro: 150 escolares.
Para participar na cuarta edición do programa “FGA nas Aulas de Primaria” é preciso encher o formulario publicado na páxina web da Federación Galega de Automobilismo. O prazo para solicitar unha das prazas remata o día 30 de novembro ás 19 horas da tarde e terán prioridade na asignación de datas os centros que non participasen nas edicións anteriores do ciclo.