O son das bombas daba o sinal. Avisaba da celebración en Viloira (O Barco) do seu tradicional magosto, na praza Ramón Otero Pedrayo. Era a partir das 19h. cando podían comezar a saborearse as castañas recén asadas, acompañadas de viño tinto.
Numerosas persoas se congregaban na praza para degustalas e desfrutar da festa, organizada polo Concello do Barco, mentres tocaba e cantaba cancións tradicionais o grupo valdeorrés Pándega.
Fotos e vídeos: O SIL.