Parada de Sil celebraba o 8 de novembro a súa Xornada Micolóxica coa participación dunhas 25 persoas, das cales 17 procedían de varios puntos da provincia. O programa iniciábase ás 10h. cunha charla formativa no salón de plenos do Concello. Despois realizábase unha saída ao monte na procura de cogomelos, e, posteriomente, procedíase á identificación e clasificación dos exemplares localizados.
Ademais, ás 13:30h. preparábanse aqueles que tiñan interese gastronómico e despois compartíase unha degustación. “Recollemos diversas especies boletus amantes, cantaremos, cogomelos alga , panterina e varias especies diferentes”, comentan Alejandro e Ricardo Mínguez, que eran os encargados de impartir esta xornada.
Fotos cedidas.

