
Igual cantan nunha gala benéfica que amenizan un xantar. Son do Sil sabe levar e adaptar as súas melodías e actuacións a cada escenario e así o teñen demostrado, actuando en prazas, en auditorios, en igrexas e tamén entre as mesas dun xantar como o da Festa da Bica en Trives.
Nesta ocasión, a agrupación musical achegarase ata San Xoán de Río para amenizar o magosto, o sábado 14 de novembro, co que o Concello pechará o Festival Río Lonxevidade. Será a partir das 17:30 horas no polideportivo, con castañas, chourizos, panceta, bica, pan e viño, e a actuación de Son do Sil na que non faltará algún bolero característico do seu estilo nin algún dos clásicos con ese novo formato, máis reducido, ao que se tiveron que adaptar.