ConcellosO BarcoÚltima hora

A balaustrada de pedra da praza Maior do Barco comeza a desaparecer

 

Continúan as obras de reforma da praza Maior do Barco, que se están a desenvolver dende mediados de outubro nesta parte da vila. Nesta semana comezaba a botarse abaixo parte da balaustrada que rodeada á praza na zona situada fronte ao Porto da Barca e o Camiño Real.

Na zona da escalinata prevese levar a cabo “unha remodelación integral, como tamén ocorrerá no inicio da rúa Pérez Lista, onde se igualarán as rasantes para crear un espazo peonil fluído. Finalmente, actuarase no Porto da Barca, creando un espazo de parada cun banco singular”.

Esta obra ten un orzamento de 463.105 euros e un prazo de execución de 7 meses.

Fotos: O SIL.

Back to top button