
Nestes días o outono está acendendo de cores amarelas, ocres, laranxas e vermellas en diferentes tonalidades a paisaxe. Unha mostra deste fermoso cambio de ciclo nas árbores pode verse nas beiras do río Sil no Barco e no Xardín Botánico, tal e como pode comprobarse nestas imaxes, tomadas na zona do Malecón.
Fotos cedidas.
