Dende ben cediño, arredor das 7h. deste 13 de novembro, comezaban a verse as primeiras persoas facendo cola diante da oficina da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), situada na rúa España, para solicitar a tarxeta prepago da súa nova campaña, que estará vixente do 15 de novembro ao 28 de febreiro e permitirá realizar compras en establecementos asociados dos sectores do comercio, a restauración e as adegas. As colas chegaban ata a rúa Marcelino Suárez.

Para acceder a elas será necesario ser maior de idade e presentar un documento de identificación. A campaña conta cun número limitado de tarxetas, polo que se entregarán ata esgotar as unidades dispoñibles.
O importe da tarxeta é de 80€ e ten un custo de 20€. Deses 80€, 60€ son aportados pola Afundación e 20€ polo usuario.
Esta campaña é posible grazas a un convenio de colaboración entre AEVA e Afundación.
Fotos e vídeo: O SIL.
