
Dende este venres 13 de vovembro están á venda, nas oficinas do Concello de Petín, as entradas para a XXV Festa da Freba, que se celebrará o vindeiro 5 de decembro. Custarán 25 euros (2 máis que o ano pasado) e poderán mercarse en horario de oficina (de 9 a 14 horas).
A tradicional festa gastronómica de Petín celebrarase a partir das 14:30 horas coma sempre en torno a un suculento menú: de primeiro consomé; de segundo chourizos con cachelos e verdura; e como prato forte a freba de porco á grella; ademais de postre, café e licores.
