
A dixitalización converteuse nunha ferramenta clave para mellorar a competitividade do comercio de proximidade. Co obxectivo de achegar esta transformación aos negocios locais de Galicia e o norte de Portugal, o proxecto transfronteirizo DIXITAL_EXPO celebrará unha nova sesión demostradora centrada na dixitalización integral do proceso comercial, desde a xestión das vendas ata o control do stock.
Esta sesión impartirase baixo o título “Dixitalización de Comercios: da venda ao stock” e achegará claves e ofrecerá solucións reais e prácticas para modernizar o comercio de proximidade. Impartirase o venres 20 de novembro en Expourense, no marco da celebración de la 27ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Terá lugar en sesión de mañá de 10:30 a 14h. A asistencia é gratuíta, previa inscrición.
Esta xornada formativa estará impartida por Abinco Dixital, empresa galega con 25 anos de traxectoria acompañando ás empresas na incorporación de tecnoloxía aos seus procesos e modelos de negocio. Las distintas relatorios correrán a cargo de Fernando Garrido Moreno, Consultor Estratéxico e Director de Expansión Comercial. e de Fernando Garrido Martínez, Consultor Senior en Solucións Tecnolóxicas e Dixitalización.
Programa
10:30h. Benvida e presentación de Abinco Dixital.
10:40h. Estratexias de dixitalización para comercios de proximidade.
11:15h. Solucións tecnolóxicas para a xestión de vendas, compras e stock.
11:45h. Pausa café.
12:15h. Dixitalización de documentos e procesos con intelixencia artificial.
12:45h. Casos de éxito e boas prácticas no comercio transfronteirizo.
13:15h. Recursos do programa Interreg para a transformación dixital do Comercio.
13:50h. Preguntas e peche.
Esta sesión forma parte do plan de accións formativas e encontros que o proxecto DIXITAL_EXPO está a realizar desde a súa presentación o pasado mes de xuño e que teñen o obxectivo de impulsar a transformación dixital e reforzar a competitividade do sector comercial da Eurorrexión.
A participación na xornada require inscrición previa a través da seguinte ligazón: https://digital-expo.eu/inscripcion-jornada-digitalizacion-de-comercios-de-la-venta-al-stock/