EconomíaEconomíaÚltima hora

Animado Mercado Tradicional de Produtos, na XIII Festa da Pisa da Castaña en Purdeus (Parada de Sil)

 

De forma paralela á XIII Pisa da Castaña de Purdeus (Parada de Sil), poñíase en marcha nun souto próximo o Mercado Tradicional de Produtos, con gran diversidade de postos de gastronomía e artesanía: viños, queixos, chocolate, embutidos, marmeladas, licores, doces…

 

 

Numerosas persoas percorrían os postos e tamén desfrutaban de degustacións dos produtos gastronómicos e do viño, previamente ao xantar popular. O ambiente estaba animado polo grupo de música tradicional Gaiteiros de Castrodeallo.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button