Era visto. Unha vez máis e desta volta con moitísima forza, na mañá deste domingo 15 de novembro o río Leira volvía desbordarse na zona da Rodeleira, en Vilamartín de Valdeorras.
Tal como pode verse nestes vídeos cedidos, a forte e continuada chuvia caída durante a noite e ao longo da mañá, volvía coller forza na zona alta da montaña, arrasada primeiro polo lume e despois polas talas, arrastrando lama, pedras e troncos ao seu paso ata a súa desenvocadura no Sil.
O parque quedaba totalmente cuberto e tamén as rúas cos coches aparcados.
Vídeos decidos.