CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco remonta un resultado negativo e vence ao líder en Calabagueiros

Co 2-1 remataba o partido ante o Boiro no que se estreaba o novo técnico barquense, Brais Prados

 

“Chegar e bicar o santo”. É un dito popular ben acaído para a estrea do novo técnico do CD Barco. Na tarde deste chuvioso domingo 15 de novembro o equipo de Terceira Federación enfrontábase en casa ao líder da clasificación, o CD Boiro, sendo o primeiro partido oficial no novo adestrador, Brais Prados, que se resolvía coa vitoria local tras remontar un resultado negativo.

 

 

Eran os coruñeses os que se adiantaban no marcador cun gol no minuto 19, facendo valer a súa superioridade e co 0-1 chegaba o descanso. Non estaba todo dito, nin moito menos e, tralo paso polo vestiario Diego Souto marcaba o gol do empate (76′). Só dous minutos despois Raúl Arias marcaba o da remontada, sentenciando o encontro co 2-1 final.

 

O novo míster do CD Barco, Brais Prados.

 

O de hoxe, correspondente á xornada 11, era tamén o partido elixido pola directiva para convidar á afección a unha chourizada (pan con chourizo asado) que degustaban no tempo de descanso.

 

 

Con este resultado o Barco sitúase no terceiro posto da clasificación a un punto do segundo, o Silva, e a catro do Boiro que segue líder.

 

 

Fotos: O SIL.

 

Back to top button