
O salón de actos do edificio Multiusos do Barco acollía a partir das 16h. do luns 16 de novembro un obradoiro sobre “Dereitos e deberes de pacientes”, promovido dende a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais (ALCER Ourense). Estaba impartido por Ana Salgado, traballadora social da entidade.
Na actividade expoñíanse cuestións como o marco legal e dereitos fundamentais no Sergas, a autonomía do paciente, dereito á información e o consentemento informado. Tamén se abordaban as garantías asistenciais (tempos de agarda, segunda opinión e libre elección), ademais de temas como os deberes da cidadanía e as canles de información.

Outra das cuestións analizadas era o papel e os servizos de ALCER Ourense e tamén se facía un debate e resolución de casos prácticos.
Fotos cedidas.
