CulturaCulturaÚltima hora

O Casino do Barco celebrará o seu magosto para socios o sábado 21 de novembro

O presidente do Casino, Pablo Dobao, no magosto do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Sociedade Casino do Barco de Valdeorras non falla e celebrará o seu propio magosto o vindeiro sábado 21 de novembro. Será a partir das 20:30 horas, só para socios, e incluirá música a cargo de Denominación de Origen Band e Dani Argü Dj.

Con respecto á merenda, por 18 euros (gratis para os menores de 14 anos) incluirá calgo galego, bolos preñados, torta de roxois, castañas asadas, viño, refrescos e licores.

 

Back to top button