SanidadeÚltima horaVídeos

Asilival continuará coas mobilizacións na loita por un pneumólogo para o hospital de Valdeorras

 

“Queremos servizo de pneumoloxía, queremos cardioloxía, queremos urólogos,… queremos de todo porque non temos nada”. Así de rotundo se amosaba o presidente de Asilival na concentración que na mañá deste xoves 19 de novembro tiñan diante do Hospital Público de Valdeorras, preguntándose como “a xente non sae á rúa”.

 

 

Dando as grazas aos asistentes, “autoridades, delegados sindicais e todos os que estades sempre”, o presidente de Asilival aseguraba que “o xoves que vén volveremos e cortaremos isto”, dixo sinalando a estrada xeral do Barco, “non hai volta de folla”.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button