OurenseÚltima hora

A mostra “140 máis 15 Xentes de Ben” de Miguel Ángel M. Coello poderá visitarse na Sala Valente (Ourense) ata o 10 de xaneiro de 2027

 

A sala municipal José Ángel Valente de Ourense, acolle ata o 10 de xaneiro a exposición “140 máis 15” Xentes de Ben, de Miguel Ángel Martínez Coello; unha mostra que reúne unha selección de retratos realizados polo pintor ourensán, en técnica mixta, dedicados a persoas próximas ao autor ou relevantes na vida da cidade.

 

 

Martínez Coello é un pintor e intelectual que leva expoñendo e difundindo a cultura ourensá dende o ano 1967, amplamente recoñecido pola sua traxectoria no eido artístico e social. Durante os último anos, foi creando centos de debuxos de xentes na nosa contorna que dalgún xeito formaron parte do paisaxe e do corazón da veciñanza, polas súas cualidades intelectuais ou persoais.

 

 

 

A mostra proposta parte da selección de retratos en técnica mixta centrada en figuras coas que o artista mantivo vínculos de afecto ou amizade. Era inaugurada na tarde do xoves 19 de novembro e pódese visitar no espazo expositivo da rúa do Paseo, de martes a sábado de 11 a 13:30 e de 18 a 21 horas; e domingo de 11 a 13:30 horas.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button