SanidadeÚltima horaVídeos

Ourense pon en valor o talento e o potencial da súa investigación biomédica

 

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle desde esta mañá a V Xornada de Investigación Biomédica da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, un encontro para compartir coñecementos, presentar avances científicos e impulsar a investigación como ferramenta para mellorar a atención sanitaria.
A inauguración contou coa participación do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; a directora da Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur, Natalia Cal Purriños; e o presidente do comité organizador e xefe de Sección de Investigación da Área Sanitaria, Joaquín Cubiella Fernández.

 

 

Durante esta primeira mañá presentouse o Mapa da Investigación da Área Sanitaria, que permitiu coñecer os principais grupos e liñas de investigación desenvolvidos polos nosos profesionais, tanto nos hospitais como en Atención Primaria, en ámbitos como a medicina intensiva, a reumatoloxía, as neurociencias, a saúde mental ou a medicina comunitaria.

 

 

A intelixencia artificial aplicada á investigación biomédica e á práctica clínica foi outro dos temas protagonistas, cunha conferencia do catedrático da Universidade de Vigo Miguel Reboiro Jato.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

 

 

Back to top button