Un ano máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense participaron na campaña 1m2 por la Basuraleza, coa que colaboran desde 2017.
Nesta ocasión a zona elixida foi o Cotoriño, en Montalegre, tras a celebración dos populares magostos. Tal como explican dende o grupo ecoloxista, recolleron uns 70 quilos de botellas de vidro, latas, plásticos, cabichas, etc, e “despois, con Amigos da Terra realizamos unha caracterización dos residuos, buscando o seu retorno en establecementos e non o seu abandono no monte”.



Fotos cedidas.